A infancia e a mocidade refuxiada está á espera de respostas
A metade da poboación refuxiada no mundo por mor das guerras, crise climática, desastres naturais, fame e violencias de toda índole son nenos e nenas menores de dezaoito anos. Isto é, unha infancia vulnerable constantemente en tránsito. Os perigos sobre eles medran exponencialmente. As organizacións humanitarias que traballan coa infancia e a mocidade alertan dos riscos crecentes neses escenarios sen control: secuestros, explotación sexual, tráfico de órganos, a deterioración da saúde mental e física…
Un ano máis, Rede Acampa pola Paz convida á cidadanía a reflexionar sobre todo iso, e sobre coma abordalo dentro do marco dos Dereitos Humanos e o Dereito Internacional Humanitario, no Encontro Internacional Acampa pola Paz do mes de xuño na Coruña.
últimas novas
CHAMADA AO VOLUNTARIADO PARA CONSTRUIR O MEMORIAL POLA INFANCIA ASASINADA EN GAZA
Necesitaranse centos de sabas ou teas brancas e moitas mans e axuda para facelo realidade
PEPE MUJICA XA TEN NAS SÚAS MANS O RECOÑECEMENTO ACAMPA Á DEFENSA DOS DDHH 2023
Ao fin, o Recoñecemento Acampa á Defensa dos DDHH 2023 xa están nas mans de Pepe Mujica!!!
RECONOCIMIENTO ACAMPA A LA DEFENSA DE LOS DDHH 2024: HAYDÉE CASTILLO Y MANUEL MARTÍN GARCÍA
A entrega será no Encontro Internacional Acampa pola Paz entre o 7 e o 9 de xuño na Coruña.
Acampa
é unha iniciativa cidadá sen fins de lucro integrada por colectivos sociais, culturais, educativos, veciñais, políticos, sindicais, artísticos, de persoas solidarias, de institucións e empresas con responsabilidade social.
© Ricard G Vilanova
Acampa
ten como obxectivo a defensa dos Dereitos Humáns, o Dereito Internacional Humanitario e o Dereito a Refuxio.
© Lisa Murray
Acampa
abre un espazo de encontro para buscar respostas colectivamente.
© Daesung Lee
Acampa
afonda nas causas dos acontecementos, para contrastar a información.
© Javier Bauluz
Acampa
é unha expresión de compromiso coa paz e o dereito a refuxio.
© Alessandro Grassani
Acampa
promove á participación e a implicación.
© Pedro Armestre
Acampa
é un encontro cidadán activo no que contamos coa participación das persoas protagonistas, das vítimas, ONGs, de xornalistas; proxeccións, fotografía, música, teatro, pallasos… eventos artísticos de todo tipo. Tamén visitas guiadas para saber como é un campo de persoas refuxiadas, para entender mellor as verdadeiras causas da guerra.
Acampa
facilita a participación cidadá, cada persoa achega a súa enerxía, a súa capacidade e a súa opinión xunto con: ONGs, asociacións, organizacións políticas, sindicatos, institucións, grupos informais, empresas con responsabilidade social, colectivos profesionais, etc.